Dental Macía e TeoVivo, alianza saudable

Os veciños de Teo xa están agora puntualmente informados das actividades da nosa clínica ao través do Teovivo. O periódico local que dirixe a xornalista Ana Conde acadou o pasado mes de xuño un acordo de colaboración co Centro Dental Macía para facer chegar puntualmente aos seus lectores, cada mes, información de servizo sobre saúde dental. Con esta iniciativa ampliamos o radio de cobertura das nosas informacións, sumando o Concello de Teo ás áreas de proximidade onde xa desenvolvemos proxectos similares, como é o caso de Brion, Ames e Santiago de Compostela. Dentro das nosas actividades de RSC -Responsabilidade Social Corporativa- queremos contribuír decididamente a facer unha sociedade máis sana, máis concienciada cos problemas de saúde dental e mellor formada. Benvidas e benvidos todos á nosa clínica.

Dejar un comentario

El email no será publicado